Rede Xiana

Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnologías e Adaptabilidade no mercado laboral galego) é un proxecto de emprego promovido pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia, dirixido a persoas en situación de desemprego que combina formación para mellorar as súas competencias persoais e profesionais con asesoramento persoalizado e a realización de prácticas non laborais en empresas e entidades da provincia.  Ten como obxectivo principal, mellorar as posibilidades destas persoas de atopar un emprego e favorecer unha inserción laboral de calidade.

O proxecto susténtase nunca rede de traballo intraprovincial basada na colaboración e nos principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal e que pretende xestionar de forma eficaz e eficiente todos os recursos dispoñibles baixo parámetros de calidade e mellora continua.

No proxecto participan todos os municipios da provincia de A Coruña, excepto aqueles que teñen mais de 50.000 habitantes (A Coruña, Ferrol e Santiago) e o Concello de As Somozas.

Obxectivos

O principal obxectivo de REDE XIANA radica na implementación dun programa de fomento do emprego para municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña a través dunha rede de traballo técnico, político, económico e social que traballe por un emprego de calidade, estable, seguro e con dereitos.

Reto a abordar dende os seguintes obxectivos específicos:

  • Dinamizar a base económica do medio rural, fomentando actividades competitivas e multifuncionais para a diversificación da economía, incluídas aquelas que operan baixo a denominación de Novos Xacementos de Emprego.
  • Mellorar o nivel de servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar da súa cidadanía, garantindo a igualdade de oportunidades e a non discriminación, especialmente das persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión social.
  • Executar accións no ámbito laboral coherentes coas xa iniciadas por outros niveis administrativos. A complementariedad sempre posibilitará o alcance  duns resultados superiores a través da sinerxía entre instrumentos de política pública sociolaboral e administracións cuxas competencias se poden ver complementadas e reforzadas nun mesmo territorio.

Estratexia e financiamento

Para combater os desequilibrios entre zonas rurais e urbanas da provincia, tanto en materia de emprego como en servizos básicos de atención a persoas dependentes,  a Deputación da Coruña pon en marcha esta nova iniciativa no marco da convocatoria 2007 de Axudas do FSE durante o período de intervención 2007-2013 a través do Ministerio de Administracións Públicas.

Rede Xiana mantén como referencia a liña de traballo recollida no Plan Estratéxico Provincial 2007-2013 e a experiencia adquirida a través dos proxectos xestionados con cargo á Subvención Global do FSE no período 2000-2006 (Inserta, Insertamos, Proximitas, ProximitasPlus) e as distintas achegas realizadas polos concellos da provincia da Coruña.

Persoas beneficiarias

Poderán inscribirse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a. Estar desempregado/a e inscrito na Oficina de Emprego correspondente coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.

b. Ter cumpridos 18 anos de idade.

c. Estar empadroado/a nalgún dos concellos adheridos ao proxecto.

d. Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

– Xóvenes menores de 30 anos.
– Persoas maiores de 45 anos.
– Parados/as de longa duración (máis de 2 anos en situación de desemprego)
– Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.
– Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non suponía ningún impedimento físico ou psíquico que lle implida o normal desenvolvemento do curso e da profesión á que vai asociada a formación)
– Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
– Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex toxicómanos ou ex reclusos.
– Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade.
– Xóvenes que non superasen a ensinanza obrigatoria.
– Coidadores/as non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia.

e. En función dos cursos nos que desexe inscribirse, cumprir cos requisitos de formación para cada unha das accións formativas, que se poden consultar con maior detalle no sitio web Rede Xiana.

Entidades

Participan no proxecto todos os municipios da provincia da Coruña excepto aqueles que contan con máis de 50.000 habitantes (A Coruña, Ferrol e Santiago) e o concello de As Somozas.

O espazo territorial que abrangue é do 94,82 %, territorio ocupado por 90 municipios sobre o total dos 94 da provincia.A un de xaneiro de 2008 a poboación total da provincia era de 1.139.121 habitantes, polo que a poboación dos municipios adheridos ó proxecto é de 723.534 habitantes (63,51%), dos que 351.785 son varóns e 369.369 son mulleres.

A media de densidade de poboación nestes municipios é de 136,778 hab./ km2 fronte á provincial que é de 7.539,03 hab./ km2. Nos outros catro municipios atopamos unha densidade de poboación de 1.953,78 hab./ km2.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s