Estratexia de mellora continua

O proxecto de Desenvolvemento dun Plan de Acción para a mellora continua no proxecto REDE XIANA ten como obxectivo principal:

“Identificar vías de mellora, e establecer unha retroalimentación productiva, a carón de establecer unha estratexia de mellora continua, para a súa aplicación en posteriores proxectos de natureza similar.”

Este finalidade acadarase en base a:

  1. A identificación dos puntos febles: áreas de actividade que teñan presentado unha maior problemática, actuacións que non tivesen os obxectivos esperados ou desexados, factores inesperados cuxa xestión repercutisen no desenvolvemento do proxecto, etc.
  2. O establecemento de grupos de traballo de alto rendemento para a resolución de problemas: conformando segundo sexa axeitado respecto ás temáticas a tratar, círculos de calidade, grupos de mellora, paneis de expertos. Estes grupos consisten na realización de dous Círculos de Calidade, dous Equipos de Mellora, un Panel de Expertos e tres Círculos de Emprego.
  3. A análise de resultados de ditos grupos de traballo: mediante a recompilación e tratamento da información xerada durante o funcionamento dos mesmos.
  4. O establecemento dun Plan de Acción para a mellora continua: establecemento dun plan de mellora para a súa implantación en posteriores proxectos de natureza similar, e mesmo para o establecemento dunha guía maestra a ter en conta no deseño de futuros proxectos de inserción sociolaboral que se impulsen dende o Departamento de Planificación, DT e UE.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s